Laura Barreiro

Laura Barreiro

O Curro. 6 de agosto, 21h

Laura Barreiro

Laura Barreiro, irmá da tambien arpista Alba Barreiro, formouse na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo con Rodrigo Romaní, e no Conservatorio Superor de Música de Vigo. É profesora de piano e arpa en distintas escolas privadas e públicas. Colaborou como compoñente da orquestra folk SonDeSeu en catro gravacións discográficas. Forma parte do Noia Harp Consort, co que participou na presentación do proxecto de reconstrución dos instrumentos da Arquivolta de S. Martiño.

Nesta ocasión preséntanos un espectáculo infantil deseñado especialmente para o Noia Harp Fest, «Contos e Cordas» co que fará gozar aos mais pequenos á vez que lles introduce no coñecemento da arpa.