Sixto & Juanjo Corbalán

Juanjo e Sixto Corbalán

Praza do Tapal. 6 de agosto, 23h

Sixto & Juanjo Corbalán

Dende 2007, Sixto e o seu irmán Juanjo Corbalán actúan como o dúo de arpa “Irmáns Corbalán”. Esta conformación é inusual mesmo en Paraguai, pero ambos os irmáns son exquisitos intérpretes da arpa e gañáronse un lugar de privilexio como solistas, polo que nos últimos anos cada vez son máis necesarios como dúo de arpa en varios lugares do país co aumento da súa proxección ao exterior. Como compositores, ambos os irmáns teñen un enfoque especial en novas composicións para a arpa paraguaia, mesturando as súas creacións con diferentes elementos doutros xéneros, innovando e dándolles unha gran versatilidade musical cun repertorio actual e renovado que sen dúbida gaña atención especial como dúo. As súas investigacións e inmersións noutros xéneros converten este dúo de arpas nunha extraordinaria combinación  dunha harmonía perfecta cun son incrible.

As súas xiras de concertos esténdense a todo o planeta e chegarán a Noia despois de protagonizar unha das actuacións estelares do World Harp Congress que se celebra este ano en Cardiff (Pais de Gales)