Artistas convidados 2018

PHOTOS DE ROSSITA LAMOURETTE

Rossitza Milevska Trio

Nacida e formada en Sofía, Bulgaria, Rossitza cultiva dun xeito moi persoal a música de jazz na arpa clásica de pedais. No seu único concerto en España o trio vai sorprender ao público do Noia Harp Fest cun repertorio especialmente orixinal e creativo.

0B156EF2-DC0E-43AF-A598-154307086F67

Carlos “Metralleta” Orozco

Un grande da arpa llanera, todo un icono da expresión contemporánea da tradición musical venezolana por primera vez en Galicia

16836414_10210891765464700_5572366680137873286_o

Hirundo Maris

Duo formado pola arpista e cantante Arianna Savall (filla do coñecidísimo Jordi Savall) e o músico (e tamen cantante) noruego Petter Udland Johanssen, especializado en música antigua dende a Idade Media ata o Barroco, creación propia e early fusion.O núcleo creativo é a música mediterránea e nórdica

Virtuose de la harpe celtique, Clotilde Trouillaud joue ce soir à la chapelle Saint Quido.

Clotilde Trouillaud

Procedente da música tradicional bretona, Clotilde participa en numerosas experiencias musicais sobre este repertorio e despois de varias publicacións colectivas especialízase na composición a partir do seu album en solitario “Solo” en 2011, moi ben acollido pola crítica.

IMG_1618

Susana Cermeño

Catedrática de arpa no real Conservatorio Superior de Madrid, Susana Cermeño sempre estivo interesada pola música contemporánea: En 2011 grava, co Grupo Modus Novus, a obra Petit Ensemble Jaune de Jacobo Durán Loriga, para arpa e orquestra de cámara (Verso VRS 2113). Brilla tamén a súa interpretación da Sequenza para Arpa de Luciano Berio, que interpretou na integral das Sequencias ofrecida no Auditorio Nacional de Música polo grupo de cámara Proxecto Guerrero (antes “Proxecto Gerhard”), do que foi membro fundador.

HF4P1F1_223555
IMG_1617

Coro de Nenos Cantores da OSG & Alba Barreiro

O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece a súa versión da célebre obra do compositor británico Benjamin Britten acompañados pola xove e xa prestixiada arpista galega Alba Barreiro

IMG_1623

Lulavai

Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único. Volven ao Noia Harp Fest na quinta edición despois de ter participado na primeira en 2014

IMG_1621

Zumaque Trio

Debut no festival de Noia do grupo Zumaque Trio, formado por Bleuenn le Frieuc, arpa,  Alfonso Calvo, contrabaixo,  e Pablo Pascual, clarinete, cunha interesantisima e orixinal proposta sobre a tradición galega