Rafa Fernández Trio & Bleuenn Le Friec

Sábado 6 de agosto. Teatro Coliseo Noela. 20h

Rafa Fernández
Bleuenn Le Friec

Bleuenn Le Friec, empeza a tocar a arpa celta con 6 anos na súa Bretaña natal. No 2004, termina os seus estudos de música tradicional e obtén a súa licenciatura de musicoloxia na Universidade de Rennes. De 2004 a 2009, realiza os estudos de arpa clásica coa arpista Frédérique Cambreling no Centro Superior de Música do País Vasco –Musikene– en San Sebastian. Máis tarde, completa a súa formación en Alemania nos conservatorios de Detmold e Frankfurt con Godelieve Schrama e Françoise Friedrich. Durante os seus estudos, forma parte da JONDE (Xove Orquesta Nacional de España) e de formación orquestais europeas coma o Gustav Mahler Jugendorchester, o Verbier Festival Orchestra e a Academia do Festival de Lucerna ca cal ten a oportunidade de tocar de solista baixo a dirección de Pierre Boulez. De 2011 a 2013, foi arpista solista da Neubrandenburger Philharmonie en Alemania.

Actualmente comparte o seu tempo entre e a interpretación e a docencia. Toca regularmente como arpista invitada con diversas orquestas (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Gran Teatre del Liceu, Orquesta Nacional de España, Ensemble Intercontemporain, …). Forma parte do dúo de frauta e arpa Duo Finisterrae co frautista compostelán André Cebrián e é membro fundador do ensemble de cámara Natalia Ensemble. Paralelamente colabora con diversos músicos do panorama da música tradicional galega como Zumaque, Carlos Núñez, Uxía ou Xoan Curiel.

Ensina a arpa celta na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e é profesora de arpa e de música de cámara no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Coa vontade de ampliar horizontes, acaba de cursar o máster de musicoterapia da Universidade Internacional da Rioxa.

Rafa Fernández é un guitarrista noiés afincado en Santiago de Compostela. Entre os seus traballos discográficos destacan a publicación en 2013 do seu albúm debut “RAFA FERNÁNDEZ QUINTETO” seguidos de“A CARA BONITA DA PEDRA” (2017) e “ALDÁN (2021).Estos dous últimos a centrados no “ambient” e na contemporánea. Nos últimos anos enfoca a súa producción artística en proxectos audiovisuais de música ambiental. Destacan proxectos como “ECCOS” (espectáculo audiovisual con órgano barroco), “MÚSICA PARA MIL PRIMAVERAS” e a obra “SUÁREZ”,traballo feitoen torno á figura do fotógrafo galego. Rafa Fernández presenta,nesta IX edición do NOIA HARP FEST , un concerto xunto ca arpista Bleuen Le Friec. Como ven sendo habitual nos proxectos deste músico, neste concerto atoparémonos cun espectáculo audivisual de música ambiental onde a conversa entre os músicos xunto cas videoproxeccións ,transportarán ó espectador a un mundo de ensoñación.