Preguntas frecuentes

Información práctica sobre o Noia Harp Fest

Cando se publica a programación de cada edición?

A programación completa publícase nesta web e nas redes sociais do Noia Harp Fest antes de cada edición. As datas concretas de publicación poden variar de ano en ano.

Cal é o prezo das entradas e onde se poden conseguir?

Cada ano comunícase previamente a información sobre entradas e reservas. A maior parte dos concertos adoitan ser de balde, agás aqueles nos que se indique expresamente o contrario, como a Gala de Entrega do Premio Portus Apostoli.

Hai que reservar para os concertos de balde?

Non, salvo que se indique o contrario. Os concertos de balde son de entrada libre ata completar a capacidade do recinto.

Onde se celebra o festival?

O Noia Harp Fest celébrase en diferentes espazos da vila de Noia, entre eles igrexas, prazas, teatros e outros recintos de especial interese histórico e cultural.

Traducir páxina »
RSS
Follow by Email
Twitter
YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram