Premio Internacional de Composición “Portus Apostoli”

Creación contemporánea para arpa e orquestra

Un premio para crear novo repertorio

O Premio Internacional de Composición “Portus Apostoli” naceu en 2022 como unha iniciativa do Noia Harp Fest para impulsar a creación de novo repertorio para arpa e orquestra. O certame promove a composición contemporánea, o diálogo entre compositoras, compositores e intérpretes e a estrea de novas obras no marco do festival.

Convocado pola Asociación Noia Harp Fest, o premio ten vocación internacional e sitúa a arpa no centro de novas propostas creativas, favorecendo a súa presenza no repertorio orquestral contemporáneo.

Historia do Premio Portus Apostoli

Desde a súa creación en 2022, o Premio Portus Apostoli consolidouse como unha iniciativa destinada a ampliar o repertorio para arpa e orquestra e a favorecer a creación contemporánea vinculada ao Noia Harp Fest.

I Edición (2022)

Gañador Alejandro Civilotti coa obra Hybris para arpa e orquestra sinfónica

Estreada o 05/08/2023 pola Real Filharmonía de Galicia, con Beatriz Cortesao como solista e Maximino Zumalave na dirección.

Hybris · Alejandro Civilotti

II Edición (2023)

Declarada deserta.

III Edición (2024)

Gañador: Federico Beilinson, coa obra *Cuatro Historias Gallegas*.

Mención de Honra: Gabriel Bussi, coa obra *Folías Celtas*.

As dúas obras foron estreadas o 07/08/2025 pola Real Filharmonía de Galicia, con Claudia Besné e Francesca Romana di Nicola como solistas e Sebastian Zinca na dirección.

Cuatro Historias Gallegas · Federico Beilinson

Folías Celtas · Gabriel Bussi

IV Edición (2025)

Gañador: Teo Montero Rey, coa obra *Alén do Azul*

Estreada o 29/07/2026 pola Real Filharmonía de Galicia con José Antonio Domené como solista e César Ramos na dirección.

Alén do Azul · Teo Montero Rey

V Edición (2026)

Convocatoria aberta para novas obras para arpa solista e orquestra de corda.

A obra gañadora recibirá un premio de 4.000 € e será estreada nun concerto especial vinculado ao Noia Harp Fest 2027.

Traducir páxina »
RSS
Follow by Email
Twitter
YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram