Teatro Coliseo Noela. 5 de agosto, 22h
Alba Barreiro Trio
Alba Barreiro é a gran referencia da arpa clásica de pedais en Galicia. Formada en Galicia, Salamanca e o Pais Vasco con mestras da talla de Frederique Cambreling ou Christine Icart, colabora habitualmente coa Real Filharmonía e a orquestra Sinfónica de Galicia. Foi a protagonista da estrea de Pórtico de Monteagudo, obra para arpa e orquestra do compositor Juán Durán escrita para ela. Actualmente é profesora de arpa no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Presentará en Noia a súa primeira produción discográfica, Eixos Cromáticos, dedicada á transcrición para trio de arpa, frauta e viola de obras pertencentes a ilustres compositores galegos como Andrés Gaos ou Xesús Bal e Gay.