Domingo, 7 de agosto. Cabanas de Albeida. 20h.
Acompañada da súa arpa, Anna cóntanos e canta unha infinidade de historias, a maioría delas, sobre mulleres. Extraídas do cancionero popular catalán, estas cancións que servían amenizar os labores do campo, toman agora novos camiños. É así como, a diferenza da canción tradicional, que pode repetir 50 veces a mesma melodía, Anna dramatiza cada parte da historia creando novos ambientes, harmonías e emocións que fan que o carácter da música explique o que realmente está a pasar. O “Cançoner R-evolucionat” é á vez un espectáculo de evolución musical e revolución feminina para ser escoitado con todos os sentidos.
Algúns xa puideron descubrir a música de Anna na pasada edición do Noia Harp Fest con Formiga and Cigale; unha música cun amplo abanico de cores, ritmos e sons. A súa obra “A cançó sense lletra” foi nomeada aos Premis Enderrock ” Vot Popular 2016. Tamén é autora dos arranxos de cobla (grupo de 11 músicos) que se integran noutro espectáculo de Formiga and Cigale. Co mesmo dúo tamén puido participar en diferentes festivais e ciclos de concertos en diferentes países de Europa, incluído o Festival Internacional de Arpa de Dinan.