
Arpaora é flamenco desde a arpa, unha proposta única e persoal da artista andaluza Ana Crismán. O primeiro disco de Arpa Flamenca na historia da música. Forza, paixón e innovación para poñer a guinda a 12ª edición do NOIA HARP FEST.
Sen dúbida, o seu concerto será un dos grandes reclamos do evento e das citas musicais do verán galego.