
O primeiro nome que se dá a coñecer do talento do país é o da formación D’Súpeto, cuxa presentación oficial terá lugar, precisamente, no marco do Noia Harp Fest. Será o xoves 31 de xullo.
Un proxecto musical cun estilo propio e cheo de personalidade. Dende Galicia, D’Súpeto chega ao NHF cun concerto que non deixará a ninguén indiferente.