Convocatoria IV Premio “Portus Apostoli”

Noia Harp Fest convoca a cuarta edición do Portus Apostoli, que aumenta a contía do premio, dirixido a ampliar o repertorio para arpa e orquestra de corda.

A creadora ou creador da obra gañadora do Premio Internacional de Composición promovido polo NHF da man do Concello de Noia recibirá 4.000 euros e o festival farà a súa estrea oficial no ano 2026


A duodécima edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrarase do 30 de xullo ao 2 de agosto e a súa programación oficial darase a coñecer publicamente o martes 3 de xuño.
.