Vimos de presentar a programación completa da 12ª edición do Noia Harp Fest!
Xa a podes consultar no menu da web.
O Claustro de San Francisco acolleu esta mañá o acto no que se desvelaron os nomes das bandas e solistas que encherán de música Noia do 30 de xullo ao 2 de agosto.
No evento participaron o alcalde de Noia, Santiago Pérez; acompañado do edil de Cultura e Turismo da localidade, José Pérez; ademais do director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; a representante de Nalgures Producións, Merchi Pérez, e da dirección do festival (Beatriz Martínez e Rodrigo Romaní).
Pechou a rolda de prensa unha emotiva actuación en directo da arpista e codirectora do NHFest Alba Barreiro.
Comeza a conta atrás para a festa da arpa no corazón do Barbanza! Tic, tac, tic, tac

