As arpistas máis novas de Galicia actuarán na 12º edición do Noia Harp Fest
O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia acollerá, por cuarto ano consecutivo, o Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia; unha cita única que reúne o talento emerxente do país grazas á colaboración de cinco centros educativos As e os 21 estudantes interpretarán xuntas no festival unha peza creada ex profeso polo bretón Kevin LePennec e o galego Rodrigo Romaní, na que ambos arpistas mesturarán dous temas das súas respectivas tradicións musicais.
Noia, 18 de xuño de 2025.- O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia confi rma o seu compromiso co talento máis novo do país e celebrará, no marco da súa duodécima edición, o IV Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia. A cita, que se celebrará o 31 de xullo, reunirá a 21 estudantes do instrumento, que actuarán tanto de forma individual como conxunta no marco do único festival do noroeste peninsular dedicado á arpa. O Encontro, nado no 2022, procura estimular a relación entre as e os instrumentistas máis novos dos centros do país. Nesta ocasión participarán estudantes da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ETRAD de Vigo, da Escola Municipal de Música de Santiago, do Conservatorio de Torroso (Mos), do Conservatorio das Artes Mayeusis (Vigo) e da Barreiro Arpa Escola (Vigo).
Nesta cuarta edición do encontro, ademais de coñecer a arpistas tanto do país coma de primeiro nivel mundial, as estudantes terán a oportunidade de convivir e interpretar xuntas unha composición creada ex profeso para a ocasión da man do bretón Kevin Le Pennec (gañador do World Harp Competition 2024) e do galego Rodrigo Romaní, codirector do festival. Ambos arpistas recollen nesta nova canción, duns 6 minutos de duración, temas das súas respectivas tradicións musicais (Tour á Limerzel e Porque non hei de cantare). O IV Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia celebrarase na sede do Liceo de Noia na mañá do 31 de xullo. 21 estudantes, de entre 7 e 21 anos e chegadas de distintas localidades, convivirán e compartirán os seus coñecementos desde primeira hora da mañá. A partir das 13.00 horas,