Xoves, 4 de abril. Xardíns da Central do Tambre. 19.30h
Beatriz Martínez presenta no Noia Harp Fest o seu primeiro cd en solitario: “Tal como as nubes”. Este traballo discográfico aporta unha concepción moi novidosa no tratamento da música de tradición oral para a arpa céltica coa que se misturan, cunha sensibilidade especial e un estilo absolutamente propio, temas de composición orixinal. Beatriz é na actualidade a figura máis relevante de Galicia no eido da arpa céltica. Formada na Etrad de Vigo, compoñente da orquestra SonDeSeu e do grupo Ghaveta, ten xa unha sólida carreira como intérprete. Ten dado concertos en solitario ou formando parte do Rodrigo Romaní Trio en Italia, Francia, Escocia, Portugal, Irlanda e figurado nos carteis do Edinburgh Folk Harp Festival, Intercéltico de Lorient, Rencontres de Dinan, Arpe del Mondo ou Festival de arpa de Sentmenat. Estará acompañada por outro excelente músico tamen membro de Sondeseu e Ghaveta: Diego Langarika ao buzuki e guitarra acústica.