Clepsidra

Xoves, 4 de agosto. Teatro Coliseo Noela. 22h

Trio Clepsidra

O TRÍO CLEPSIDRA explora o atractivo e orixinal repertorio existente para arpa, viola e frauta traveseira nas súas múltiples posibilidades. Os seus integrantes, nacidos en Salamanca e formados nos principais centros europeos, realizan unha intensa actividade profesional baseada en frecuentes colaboracións con orquestras como a de Castela e León, de RTVE ou a de Estremadura; concertos de música de cámara xunto a ensembles especializados en repertorio clásico, antigo e contemporáneo; e a docencia en diferentes conservatorios e cursos de perfeccionamento. Dende a súa formación presentaron concertos no Ciclo de Santa Cecilia en Badaxoz, o ciclo de concertos de verán no Museo de Belas artes da mesma cidade, o ciclo de música contemporánea “Tahonas Viejas, Músicas Nuevas” do Conservatorio profesional de Salamanca, no Teatro Calderón de Valladolid dentro das propostas de Mocidades musicais, a feira do libro antigo de Salamanca 2019, ademais de concertos en diversas localidades de Castela e León e Estremadura.