Cristián Rodríguez Cuarteto. Arpas de Chile

Nos paises de Iberoamérica, a arpa é un instrumento de especial relevancia popular. No Noia Harp Fest teñen participado prestixiosos intérpretes procedentes de México, Colombia, Venezuela e Paraguay. Neste 2023 presentamos a música dun país na que a arpa tamen está presente a pesar de ser menos coñecida no exterior. Cristíán Rodriguez é o arpista máis coñecido da música chilena da que adapta para arpa o seu xénero máis popular: a cueca. Tamen salientan as súas versións de léndas da música chilena como Victor Jara ou Violeta Parra. Cristián leva máis de 15 anos desenvolvendo o seu traballo en pro da divulgación da arpa chilena en Europa e Latinoamérica. En Outubro de 2009 crea o Festival Internacional Arpas al Sur de Chile do que é actualmente director.