Bleuenn Le Friec & Uxía e Faia Díaz

Bleuenn Le Friec

Arpista bretoa entre tradición e vangarda

Biografía

Bleuenn Le Friec é unha arpista francesa orixinaria de Bretaña, recoñecida pola súa versatilidade e capacidade para fusionar tradicións musicais con linguaxes contemporáneas. Cunha sólida formación clásica, Bleuenn explorou diversos xéneros, desde a música celta ata o jazz e a música experimental, destacando pola súa sensibilidade e innovación no uso da arpa.

Empeza a tocar a arpa celta con 6 anos na súa Bretaña natal. No 2004, termina os seus estudos de música tradicional e obtén a súa licenciatura de musicoloxia na Universidade de Rennes. De 2004 a 2009, realiza os estudos de arpa clásica coa arpista Frédérique Cambreling no Centro Superior de Música do País Vasco –Musikene– en San Sebastian. Máis tarde, completa a súa formación en Alemania nos conservatorios de Detmold e Frankfurt con Godelieve Schrama e Françoise Friedrich. Durante os seus estudos, forma parte da JONDE (Xove Orquesta Nacional de España) e de formación orquestais europeas coma o Gustav Mahler Jugendorchester, o Verbier Festival Orchestra e a Academia do Festival de Lucerna ca cal ten a oportunidade de tocar de solista baixo a dirección de Pierre Boulez. De 2011 a 2013, foi arpista solista da Neubrandenburger Philharmonie en Alemania.

Actualmente comparte o seu tempo entre a interpretación e a docencia. Toca regularmente como arpista invitada con diversas orquestas (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Gran Teatre del Liceu, Orquesta Nacional de España, Ensemble Intercontemporain, …) e en diferentes agrupacións camerísticas.

Colaboración especial no Noia Harp Fest

Nesta ocasión, Bleuenn Le Friec presentará no Noia Harp Fest unha proposta única xunto coa artistas galegas Faia Díaz e Uxía. Estes son os comentarios da propia artista:

No concerto de hoxe, reunimos ao redor da arpa a dúas das voces imprescindibles da música galega actual: Faia, a través de quen coñecín a beleza das melodías e das coplas tradicionais e Uxía, quen me descubriu aos grandes poetas da lingua galega.
Entretecendo a voz e as cordas da arpa, faremos vibrar textos intemporais da tradición e da literatura galega. Seguindo a longa historia da arpa como instrumento cómplice da voz cantada e falada, construiremos dous universos sonoros contrastados onde voz e arpa dialogan e se acompañan.
Síntome moi afortunada de poder reunir a Uxía e Faia arredor da arpa para este concerto, especialmente ideado para o Noia Harp Fest. Dalgún xeito, este proxecto sintetiza o meu percorrido tanto musical como persoal en Galicia onde o descubremento e a aprendizaxe da lingua galega foron elementos chaves para desenvolver un sentido de pertenza a esta terra adoptiva.
Este concerto quere ser pensado como agradecemento a todos os que tiveron a ben facerme sentir aquí como na casa e que compartiron e comparten xenerosamente comigo un anaco da súa identidade.