Especial Gala de Entrega do III Premio "Portus Apostoli"
Unha noite para celebrar a creación musical coa estrea mundial das obras premiadas e a presenza da Real Filharmonía de Galicia
O vindeiro 7 de agosto, ás 20:30 horas, terá lugar no Teatro Coliseo Noela a Gala de Entrega do IV Premio de Composición para Arpa e Orquestra de Corda “Portus Apostoli”. O evento contará coa destacada participación da Real Filharmonía de Galicia, que será a encargada de realizar a estrea mundial das dúas obras galardoadas nesta edición: "Cuatro Historias Gallegas", do compositor Federico Beilinson, recoñecida co Premio de Composición, e "Folias Celtas", de Gabriel Bussi, distinguida coa Mención de Honra.
A dirección musical correrá a cargo de Sebastian Zinca, e a gala contará coa participación das arpistas solistas Claudia Besné e Francesca Romana di Nicola.
O programa completarase con obras de Ravel e Debussy, nas que a arpa terá tamén un papel protagonista, configurando así unha velada de alta calidade artística e fonda riqueza sonora.
As entradas poñeranse á venda próximamente a través da plataforma Ataquilla, así como tamén na páxina web do Noia Harp Fest.

