Preguntas frecuentes
Cando se publicará a programación?
A programación oficial publicarase no mes de abril, con información sobre artistas, datas, horarios e espazos.
Os concertos son gratuítos?
Si. Todos os concertos son gratuítos, agás un que será de pago. A información sobre entradas anunciarase en abril.
Hai que reservar para os concertos gratuítos?
Non. O acceso será libre ata completar aforo, salvo que se indique inscrición previa nalgunha actividade.
Onde se celebra o festival?
O festival terá lugar en distintos espazos emblemáticos da localidade. A programación indicará cada localización.
Haberá información para medios?
Si. Na sección “Prensa / Media” poderase descargar nota de prensa, dossier, imaxes e material gráfico.