Hermanos Corbalán

Venres 5 de agosto. Praza do Tapal 23h

Domingo 7 de agosto. Auditorio Cabaniñas do Bosque. Albeida 20h

gira-sixto-y-juanjo-ya-se-encuentran-edimburgo

A arpa é o instrumento nacional en Paraguai. Polo Noia Harp Fest teñen pasado extraordinarios arpistas como Darío Duarte ou Ismael Ledesma. Nesta ocasión o festival presenta unha sorprendente formación, inédita na escola de arpa paraguaia: un dúo de arpas formado polos irmáns Sixto e Juanjo Corbalán. Os dous teñen cadansúa carreira en solitario ou en diferentes formacións. Como dúo están presentes habitualmente na programación do mellor festival de Europa, o Festival de Edimburgo, asi como en festivais de medio mundo. Este ano conquistarán ao público noiés coa súa excepcional linguaxe e a sutileza do tratamento das melodías da tradición arpística coa que debuxan imaxes cheas de forza e contrastes sonoros, soportados nun virtuosismo dificil de imaxinar para os que non o escoitan en directo. Os concertos dos Hermanos Corbalán fican gravados na memoria de todos os que teñen o privilexio de poder asistir a eles. As súas interpretacións son como unha especie de vendaval explosivo que non deixan a ninguén indiferente, sexa ou non afeccionado ou afeccionada ás músicas de raíz latinoamenticanas.