III Encontro de Escolas de Arpa de Galicia

Unha das convocatorias de máis éxito do Noia Harp Fest é o encontro que anualmente reúne a mozos e mozas que estudian arpa en distintos centros de Galicia. A xornada comeza cun concerto matutino no que interveñen os e as estudantes baixo a direción das suas mestras. Ao final, todas as escolas interpretan en conxunto unha peza arranxada especialmente para a ocasión. Este ano será “Albeida” de Rodrigo Romaní, arranxada por Alba Barreiro. Despois do xantar, os e as participantes levarán a cabo unha actividade relacionada coa cultura tradicional do mar da Ría, en colaboración co Balandro Joaquin Vieta e as embarcacións tradicionais da asociación Terra de Outes.

Xoves 8 de agosto. Liceo de Noia, 13h. Entrada libre e de balde.