Lune Bleue Trio

Venres 5 de agosto. Praza do Tapal 22h

Lune Bleue Trio

Clotilde Trouillaud é unha das arpistas mais prestixiadas da xeración que está a revolucionar o xeito de entender a música para arpa nun pais de tan longa tradición arpística como a Bretaña. Ten formado parte da programación do Noia Harp Fest no ano 2018 cun concerto en solitario que acadou un enorme éxito. Clotilde Trouillaud continúa o seu camiño…Dun camiño de terra a unha vía láctea, paisaxes diversas e coloristas. A liña non é nunca recta, as curvas, as voltas e mediavueltas forman parte da viaxe. A estrada infinita e nunca monótona, o horizonte afastado ; desde o extremo dos dedos busca un perfume. Lune Bleue Trio suxire novas paisaxes para explorar da man das composicións de Clotilde, Erwan Bérenguer (guitarra) e Jean-Marie Stephant (bateria).

“A música é potente e actual. Os arranxos son cautivadores, intelixentes ehábiles, ás veces sorprendentes, pero sempre dunha forma fluída e coherente”

Martha Gallagher, The Folk Harp Journal, Spring 2018 (USA)