Musgö

Filla de nai bióloga e fotógrafa e de pai muralista, ecoloxista e educador social, Mar Gabarre criouse nun ambiente artístico e sensibilizado espiritual e ecoloxicamente, o que a levo aos poucos a desenvolver unha arte peculiar no que integra todos estes conceptos de arte pura e saudable.
En 2016 Musgö lanzou o seu primeiro espectáculo “Calma”, un show multidiscipinar sobre viaxes astrales e espiritualidade tras licenciarse en Belas Artes en Sevilla. En 2017 foi finalista en Got Talent España definida por Risto Mejide como “a Bjork española”. Participou en 4 ocasións con TED Talks España como artista plástica, performer e relatora falando da creación de novos estilos artísticos a través do inconsciente colectivo.
En 2019 lanzou o seu album debut Open the Gate gravado en Londres en The Friary studios coa produción de Freemonk Music. Presentando o album en Barcelona e no Museo Guggenheim de Bilbao.

Musgö (MarGabarre) é unha arpista, cantante e artista multidisciplinar de Cádiz-Barcelona coñecida polo seu innovador proxecto de arpa eléctrica. O seu traballo é unha mestura de contemporáneo e vintage, a súa música lévanos nunha viaxe de dozura e sensualidade cunha posta en escena atrevida e elegante. Especialista en looping en directo e arpa eléctrica, conta con varias formacións musicais entre as que destaca soa co seu show de covers ou a súa propia música, ela cos seus tres músicos e unha das súas formacións estrela é co DJ internacional Layladdiction.