O director do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Rodrigo Romaní, presentou esta mañá en Santiago de Compostela a programación do evento, que contará con artistas de Alemania, Chile, Escocia, España, Francia e Irlanda.
‘Hibrys’, a obra do compositor arxentino Alejandro Civilotti gañadora do I Premio Portus Apostoli, estrearase o sábado 5 de agosto na Praza do Tapal da man da Real Filharmonía de Galicia.
Noia Harp Fest, en colaboración co Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela, levará esta primavera a música da arpa ao CHUS co proxecto ‘Boas Vibras: Arpistas pola saúde’.