Obradoiro de acabado e montaxe de arpas con Luis Martins
Detalles
Acabado e montaxe dunha Arpa de 17 cordas (C4 – E6) en madeira contrachapada de bidueiro e rematada en pintura ecolóxica. Con 72x40x10 cm e menos de 2kg de peso.
A quén está dirixido?
Estas pequenas arpas son perfectas para toda aquela persoa que quera ter un arpa e comezar a tocar. Instrumento de viaxe, iniciación ou complementario.
Prezo da arpa 400€
Desenrolo da actividade
Xoves 6
10:30 – Introducción do obradoiro
11:00 / 14:00 – Pintado
Venres 7
10:00 / 14:00 – Montaxe, encordado e afinado.
Idade mínima
12 anos. Os menores de 12 irán acompañados dun adulto.
Material necesario
Algo para embalar o instrumento, bolsa, tea…
Roupa susceptible de ser manchada.