Paulina Ceremuzynska & Manuel Vilas

Venres 5 de agosto. Sta. Mª A Nova. 20h

Manuel Vilas
soprano2-kD7F--620x349@abc

Presentamos a duas grandes figuras da música antiga xuntas no festival de Noia. Paulina Estudiou Musicoloxía na Universidade de Varsovia, Canto e Interpretación de Música Medieval na Universidade da Sorbonne en París. Nacida en Polonia, é residente en Galicia desde hai anos: en 2004 realizou, como bolseira do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, un proxecto de trascrición e interpretación das cantigas de Pergamiño Sharrer. Froito dese traballo resultou o disco Cantigas de Amor e de Amigo, a terceira gravación mundial das cantigas profanas do rei Don Denís.

En 2006, gravou o seu segundo disco, E moiro-me de amor, resultado da súa investigación sobre a reconstrución do estilo musical de las cantigas de amigo naqueles casos en que a melodía está perdida, a partir da técnica do contrafactum.

Manuel Vilas é natural de Santiago de Compostela, estudou arpas antigas dos séculos XII ao XVIII con Nuria Llopis e Mara Galassi. É recoñecido polo seu traballo coa arpa ibérica, aínda que realiza un gran labor en de investigación sobre a arpa jesuítica chiquitana -Bolivia- así como na arpa dobre do s. XIV que circulaba baixo a coroa de Aragón.

No 2008 funda o seu propio grupo Ars Atlantica. De igual maneira, participou en máis de 60 gravacións discográficas con multitude de grupos tanto barrocos como medievais de reconocidísimo prestixio. Dentro do labor pedagóxico toma presencia como profesor nos cursos máis recoñecidos como o de música antiga da universidade de Santiago de Compostela, Concurso internacional de música antiga de Albarracín, Festival internacional de Morella, Festival de Franders -Bélxica-, encontros de arpa organizados polos conservatorios superior de Zaragoza, Early Music Festival Amherst (USA), Festival Esteban Salgas (Cuba).