Savourna Stevenson & Steve Kettley

Sábado 6 de agosto. Praza do Tapal. 22h

Savourna & Steve

A pesar de que a súa música reflicte fortemente as súas raíces escocesas, Savourna Stevenson tamén distínguese polo seu particular e ecléctico impulso innovador para romper barreiras estilísticas entre clásico, música folk, musicas do mundo e jazz. A diversidade dos seus encargos, con organizacións que van desde a BBC a Iona Abbey, e as súas audiencias igualmente diversas, dende mecenas de salas de concertos a espectadores de HBO, nos da unha medida da amplitude e alcance da súa produción. O catálogo compositivo de Savourna abrangue un corpo grande de traballos para arpa, notabelmente o seu Quinteto de Arpa (CD Touch Me Like The Sun) aclamado na súa utilización en espectáculos de televisión americana ‘Sex and the City’ and ‘Ugly Betty’ Ou o seu Concerto para Arpa de Pedal estreado para unha audiencia entusiasta en Escocia en xuño 2012 pola internacionalmente prestixiosa solista Catrin Finch co Scottish Ensemble. Como intérprete Savourna estivo sempre na vangarda do renacemento da arpa céltica, colaborando cos mellores artistas tradicionais como Aly Bain, Danny Thompson, Davy Spillane, June Tabor e Eddi Reader. Tamén fai experimentación musical a través dunha variedade de xéneros ligados a máis colaboracións con artistas como africano Toumani Diabate, The Bhundu Boys (Zimbabwe), os percusionistas iranianos The Chemiranis e moitos mais, nos estudios de Peter Gabriel’s Real World Studios e nos festivais WOMAD.

Steve Kettley é músico, compositor e actor ocasional, que toca saxofón tenor e soprano, frauta, arpa de boca e percusión. Lidera varias bandas que tocan a súa música, como o long-standing quartet Steve Kettley’s Odd Times, e é ben coñecido como membro fundador do grupo Salsa Celtica (1995-2013).Steve posúe unha carreira intensa como compositor de teatro e intérprete inclúindo traballos con moitas compañías de renome, en obras que xiran por todo Reino Unido e con residencias en Nova York e Baltimore, EE.UU..