A Bandura, tamén coñecida como bandura ucraniana, é un instrumento musical típico de Ucrania, moi utilizado na música folclórica do país. A súa historia remóntase a séculos atrás e está profundamente arraigada na cultura ucraniana.
A bandura foi utilizada por cosacos e outros habitantes dos territorios que hoxe constitúen Ucrania desde o século XI. Os primeiros exemplares tiñan de 5 a 12 cordas e lembraban aos laúdes. No século XX, o número de cordas aumentou a 31 e, en algúns casos, a 68. A bandura combina características da cítara e do laúde, así como a kobza. A súa primitiva caixa de resonancia era rectangular e estaba cuberta con pel de gato ou cabra. As cordas están afinadas en diferentes tonalidades, permitindo interpretar melodías complexas. A bandura é fundamental na música folclórica ucraniana. Os músicos tocan pezas tradicionais, baladas e cancións populares. Tamén foi empregada por compositores clásicos ucranianos, como Mykola Lysenko e Heorhiy Maiboroda. Durante o renacemento cultural ucraniano do século XIX, a bandura xogou un papel importante na promoción da identidade nacional. A bandura gañou recoñecemento internacional, e os seus sons místicos seguen cativando audiencias en todo o mundo.
Solomiia Savchuk, é ucraniana, ten 18 años e fai dous anos chegou a Ferrol xunto a súa familia dende a súa cidade Vinnytsia. Gran intérprete de bandura e cantante, estuda música dende os oito anos.. Cursa na actualidade os seus estudos de canto en Ferrol.
Venres 9 de agosto. Teatro Coliseo Noela, 21h (xunto con Rachel Hair e Ron Jappy). Entrada libre e de balde ata completar aforo