Noia Harp Consort

Igrexa de San Martiño, 6 de agosto, 22h

Unha das novidades importantes da V edición do Noia Harp Fest foi o proxecto de reconstrución das dúas arpas representadas na arquivolta da igrexa de San Martiño, proxecto financiado polo Concello de Noia a iniciativa da Concellería de Cultura, asesorada polo director do Festival, Rodrigo Romaní. Esta arquivolta foi realizada en 1434 e semella unha reminiscencia tardía dos pórticos románicos, dos que a mellor mostra está a tan só 35 kms en Santiago de Compostela, o famosísimo Pórtico da Gloria do Mestre Mateo.

A reconstrución levouna a cabo o luthier galego especialista en arpas Luís Martins. Os instrumentos presentáronse oficialmente o dia 27 de xullo de 2018 en primeira instancia nun acto público celebrado no Teatro Coliseo Noela co ensemble Noia Harp Consort. Neste concerto O Noia Harp Consort presenta agora,, coa colaboración de convidados de prestixio, a publicación dun libro CD, O Uniforme Movemento Divino, editado polo Concello de Noia, na que se recollen o resto dos instrumentos construídos ao abeiro deste interesante proxecto de investigación.