Kora Jazz Trio

Sábado 6 de agosto. Praza do Tapal. 23h

Kora Jazz Trio

Antes da chegada de Internet e a súa facilidade para compartir arquivos, París era o punto de cita inevitable dos músicos do continente africano : Manu Dibango, Tony Allen, Cheick Tidiane Seck, Ray Lerma, Salif Keita, Richard Bona, Papá Wemba, Paco Sery … No seo desta apaixonante escena panafricana, o pianista Abdoulaye Diabaté foi quen de crear un encontro inédito entre dous universos curmáns pero distantes, entre o respecto de códigos musicais ancestrais e a liberdade do jazz.

Imbuído da tradición familiar dos griots, o rapaz Abdoulaye Diabaté estudia no Conservatoire de Dakar onde apaixonase polo piano e acada numerosos premios. A súa aportación e talento para a arte musical expándese no camiño das composicións e os arranxos. A liberdade do jazz, as innovacións de Monk ou de Mingus aparecen nel cunha evidencia difícil de atopar noutros músicos.

Tempéranmete revelado, Abdoulaye Diabaté é integrado na Orquestra Nacional do Senegal, na que chegará a director. Fundado en 1982, esta institución financia aos mellores músicos para que podan concentrarse na investigación e fagan evolucionar la música senegalesa (que permanecía nunha sorte de conformismo e imitación, mentres que os países veciños exportaban os seus artistas). Aínda hoxe, o argumento aglutinador do Kora Jazz Trío, é una norma básica á que Abdoulaye e os seus compañeiros non renunciandende o seu comezo : ir sempre na procura de novas ideas, propor unha fusión musical orixinal e de calidade, auténtica, e lonxe do brillo das “lentejuelas”.

O público non se engana . Ou mellor, os públicos, porque o éxito internacional do Kora Jazz Trío impresiona : Brasil, Arxelia, Xapón, Francia, Noruega, Alemaña, por todas partes os segue una audiencia fiel.