Presentación da reconstrución das arpas do Pórtico de San Martiño de Noia
Unha das novedades importantes da V edición do Noia Harp Fest é o proxecto de reconstrución das dúas arpas representadas na arquivolta da igrexa de San Martiño, proxecto financiado polo Concello de Noia a iniciativa da Concellería de Cultura, asesorada polo director do Festival, Rodrigo Romaní. Esta arquivolta foi realizada en 1434 e semella unha reminiscencia tardía dos pórticos románicos, dos que a mellor mostra está a tan só 35 kms en Santiago de Compostela, o famosísimo Portico da Gloria do Mestre Mateo.
A reconstrución será levada a cabo polo luthier galego especialista en arpas Luis Martins. Os instrumentos serán presentados oficialmente o dia 27 de xullo en primeira instancia nun acto público que se celebra no Teatro Coliseo Noela e, catro dias despois, soarán no concerto especial de Carlos Nuñez & Convidados, nas mans de Arianna Savall e Rodrigo Romaní.