Obradoiro familiar

OBRADOIRO FAMILIAR DE CONSTRUCIÓN DA ARPA DE SAN MARTIÑO DE NOIA

Do 4 ao 6 de agosto 2022

O Noia Harp Fest organiza un obradoiro  de tres días de duración destinado a xóvenes e nenos cos seus pais, , no que os asistentes poderán montar e personalizar a súa propia arpa a un custe moi asequible.

LUTHIER: Luis Martins

Luis Martíns formouse no Obradoiro de Lutería Antiga da escola municipal de Artes e Oficios de Vigo. Ten impartido cur­sos de construción de instrumentos de corda e participado en numerosas feiras internacionais. Especialista en arpas anti­gas e barrocas, constrúe na actualidade varios modelos de arpas diatónicas e ins­trumentos experimentais. Participou como músico en gravacións de formacións como SonDeSeu, Primordiais e Raíces Aéreas. Xunto co luthier Carlos do Viso, foi o responsable da recreación dos instrumentos da Arquivolta de S. Martiño de Noia, reflectida no libro disco “o Uniforme Movemento Divino”

 Características do instrumento: a arpa está baseada no instrumento central da arquivolta do pórtico de San Martiño de Noia, e elaborada con técnicas e materiais actuais. Conta con 17 cordas de carbono, dende do4 ata mi6, é moi lixeira e compacta, ideal como instrumento de iniciación e de viaxe.

Características do curso: o curso durará nove horas repartidas en tres días, e constará básicamente de tres partes fundamentais: a)preparación da superficie b)acabado superficial, e c) montaxe do instrumento, que virá previamente fabricado por partes, podendo escoller entre diferentes pinturas de cores ou acabados transparentes que serán ecolóxicos e sin disolventes.

Requisitos do alumnado: non hai límite de idade. Os menores de 10 anos deberán ir acompañados dun adulto e deberán traer un mandil, ou simplemente roupa vella que se poida manchar sin problema.

Prezo: o prezo do curso e o instrumento é de 360€ máis IVE, que serán abonados antes do 5 de xullo de 2022.

 Si por calquer motivo alguén non puidese asistir ao curso, enviaráselle o kit completo á dirección que facilite previo pago dos portes.

Inscricion: as persoas interesadas deberán inscribirse a partir do dia 6 de xullo no formulario a continuación

Formulario para a  inscrición no Obradoiro

Politica de Privacidade

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Protección de datos de carácter persoal segundo a LOPD

ASOCIACION NOIA HARP FEST, en aplicación da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, informa que os datos persoais que se recollen a través dos formularios do Sitio web: NOIAHARPFEST.GAL, inclúense nos ficheiros automatizados específicos de usuarios dos servizos de ASOCIACION NOIA HARP FEST. A recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter persoal ten como finalidade o mantemento da relación comercial e o desempeño de tarefas de información, formación, asesoramento e outras actividades propias de ASOCIACION NOIA HARP FEST. Estes datos unicamente serán cedidos a aquelas entidades que sexan necesarias co único obxectivo de dar cumprimento á finalidade anteriormente exposta. ASOCIACION NOIA HARP FEST adopta as medidas necesarias para garantir a seguridade, integridade e confidencialidade dos datos conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos. O usuario poderá en calquera momento exercitar os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación recoñecidos no citado Regulamento (UE). O exercicio destes dereitos pode realizalo o propio usuario a través de email a noiaharpfest@gmail.com

O usuario manifesta que todos os datos facilitados por el son certos e correctos. En ASOCIACION NOIA HARP FEST, trataremos os teus datos persoais solicitados a través do Sitio web: NOIAHARPFEST.GAL, coas seguintes finalidades: 1. En caso de contratación dos bens e servizos ofertados a través de NOIAHARPFEST.GAL, para manter a relación contractual, así como a xestión, administración, información, prestación e mellora do servizo. 2. Envío de información solicitada a través dos formularios dispostos en NOIAHARPFEST.GAL 3. Remitir boletíns (newsletters), así como comunicacións de novidades. Lembrámosche que podes oporche ao envío de comunicacións por calquera vía e en calquera momento, remitindo un correo electrónico á dirección indicada anteriormente. Os campos dos devanditos rexistros son de cumplimentación obrigatoria, sendo imposible realizar as finalidades expresadas se non se achegan eses datos.